A investigación realizada arredor da comprensión do Cálculo Integral por alumnos de secundaria, mostra que a maioría carecen dun soporte xeométrico que lles axude a comprender a natureza dos diferentes problemas que se lles presentan, e non posúen criterios relevantes para recoñecer cando un problema pode ser modelado por integración. Planificamos daquela un programa de ensinanza con actividades contextualizadas que promovan a realización de conxecturas, a análise crítica das mesmas e a conseguinte fundamentación.
© 2008-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados