Iván Carlos Area Carracedo
, María Concepción Aramburu Sánchez, María Mercedes Besada Hermida, Tomás Cotos Yáñez, Carlos Ferreiro García, Benjamín Macía Fernández, Ángel Manuel Rey Roca
Logo da publicación do Real decreto 534/2024, do 11 de xuño, xorde a necesidade de dispor de materiais con enfoque competencial. Aínda que esta necesidade xa existía desde o ano 2020, derivada da posta en vigor da LOMLOE, a urxencia comezou a ser maior cando os modelos de exames da proba de acceso á universidade (PAU) inseriron unha pregunta de carácter competencial e obrigatoria para todo o alumnado. Se ben é certo que os modelos da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) deixan claro o bloque sobre o que versará a pregunta competencial no ano 2025, as autoras e autores deste traballo consideraron acaído comezar a preparar modelos completos para a materia Matemáticas II, seguindo o currículo establecido no Decreto 157/2022, do 15 de setembro. Máis aínda, esperamos que esta iniciativa sexa de interese non só para o profesorado de segundo de bacharelato da devandita materia, senón que comecen a agromar textos semellantes para o resto das materias das que o alumnado galego pode examinarse na PAU e, por suposto, para outros niveis educativos. A nosa finalidade é fornecer de material cun deseño competencial para o traballo diario na aula, de xeito que alumnado e profesorado poidan familiarizarse con este tipo de formulacións e avaliación.
© 2008-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados