Leandro Rodríguez Liñares , Noelia Araújo Vila, José Antonio Fraiz Brea , Diego Rodríguez-Toubes Muñiz, Trinidad Domínguez Vila, Pablo de Carlos Villamarín
O presente traballo pretende diagnosticar o nivel de desenvolvemento na oferta do enoturismo na provincia de Ourense. Para iso, en primeiro lugar, e co fin de contextualizar o tema, lévase a cabo unha revisión teórica da unión do turismo e do viño, e a tipoloxía turística do enoturismo. A continuación, defínense e caracterízanse os principais aspectos da oferta enoturística provincial actual. Como parte empírica do traballo analízase o grao de explotación e de desenvolvemento deste potencial na actualidade. Para tal fn realízase unha análise cualitativa vía entrevistas en profundidade semiestruturadas a persoas expertas, técnicas e adegueiras da provincia de Ourense. Tamén se establece o nivel de coordinación e de cooperación existente entre os axentes públicos e privados, promoción e posicionamento estratéxico desta modalidade turística e da oferta complementaria requirida polos e polas enoturistas:gastronomía, cultura, tradicións. Finalmente, proponse unha matriz DAFO onde se diagnostica a situación do enoturismo na provincia a través das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que operan sobre unha futura actuación estratéxica.
© 2008-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados