Ir al contenido

Documat


Diagnóstico do nivel de congruencia na oferta enoturística da provincia de Ourense

  • L. Rodríguez [1] ; N. Araújo [1] ; J. A. Fraiz [1] ; D.R. Toubes [1] ; T. Domínguez [1] ; P. de Carlos [1]
    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Proxectos INOU 2020: Investigación aplicada na provincia de Ourense, 2021, ISBN 9788481589160, págs. 145-181
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O presente traballo pretende diagnosticar o nivel de desenvolvemento na oferta do enoturismo na provincia de Ourense. Para iso, en primeiro lugar, e co fin de contextualizar o tema, lévase a cabo unha revisión teórica da unión do turismo e do viño, e a tipoloxía turística do enoturismo. A continuación, defínense e caracterízanse os principais aspectos da oferta enoturística provincial actual. Como parte empírica do traballo analízase o grao de explotación e de desenvolvemento deste potencial na actualidade. Para tal fn realízase unha análise cualitativa vía entrevistas en profundidade semiestruturadas a persoas expertas, técnicas e adegueiras da provincia de Ourense. Tamén se establece o nivel de coordinación e de cooperación existente entre os axentes públicos e privados, promoción e posicionamento estratéxico desta modalidade turística e da oferta complementaria requirida polos e polas enoturistas:gastronomía, cultura, tradicións. Finalmente, proponse unha matriz DAFO onde se diagnostica a situación do enoturismo na provincia a través das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que operan sobre unha futura actuación estratéxica.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno