Ir al contenido

Documat


Obtendo información útil para a mellora dunha materia a partir dos resultados dos exames de resposta múltiple

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. / Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.) Árbol académico, 2019, ISBN 978-84-9749-712-1, págs. 499-501
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Os procesos de avaliación, deben aplicarse ós docentes e mesmo á materia en si, non só ós alumnos.

      Con esta finalidade formúlase unha análise dos resultados acadados polo alumnado durante a proba de avaliación empregada na materia de Marcos de Desenvolvemento (Grao en Enxeñaría Informática – Facultade de Informática). O exame é de resposta múltiple (4 opcións por pregunta, só unha válida e restando puntos as respostas erróneas). Os exames analízanse en dúas ramas: por unha banda, estúdanse as taxas de acerto/fallo/en branco de cada unha das preguntas; por outra, a porcentaxe de opcións (a,b,c,d, branco) en cada pregunta.

      Este sinxelo estudo, automatizado mediante o emprego dunha folla de cálculo, permite, non obstante, obter interesantes conclusións:

      • Detecta ambigüidades ou erros na formulación das preguntas que, polo xeral, se derivan nunha elevada porcentaxe de respostas en branco.

      • Detecta lagoas de coñecemento nalgunha das áreas da materia, que orixinan preguntas cunha elevada taxa de erros. Cada pregunta está asociada a un bloque teórico, polo que se podes establecer en qué aspectos os alumnos presentan máis ou menos coñecementos. Ambos aspectos poden ser empregados para detectar erros na formulación da materia e/ou exame e facer posible así a definición de plans de mellora de cara ós vindeiros cursos académicos.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno