Ir al contenido

Documat


Estudo de idoneidade de diferentes linguaxes de programación na aprendizaxe en Programación do Grao de Enxeñaría Informática

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. / Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.) Árbol académico, 2019, ISBN 978-84-9749-712-1, págs. 481-482
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A materia de Programación forma parte do módulo de formación básica do Grao en Informática, o obxectivo desta materia é ensinar ao alumno a crear modelos computacionais de problemas do mundo real, a realización desta labor faise empregando unha linguaxe de programación.

      A linguaxe de programación empregada na materia para ensinar os alumnos é un elemento fundamental e crítico, xa que dependendo das súas características vai ser máis doado ou complicado acadar as competencias para o alumno: detección de erros, escritura dos programas, entorno de desenvolvemento (IDE), ... Unha mostra disto é que se emprega a mesma linguaxe desde a creación da Facultade de Informática (FIC).

      Está non é un tarefa trivial debido a que non tódalas linguaxes están deseñadas seguindo o mesmo paradigma de programación, algunhas son case experimentais mentres outras son de uso case exclusivamente comercial, hai linguaxes que non teñen compilador “propio”, ...

      Neste traballo se presentan o resultado da análise de diferentes linguaxes que compren coas características necesarias, como se indicou anteriormente, para o seu uso na docencia da materia, valorando a súa idoneidade nas características máis importantes desde un punto de vista docente. As linguaxes que observouse que as cumprían foron: C/C++, C#, Python, Java, Ada, Go, Dart, Pascal, Fortran, Haskell, Scala, Nim, D e Kotlin.

      481


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno