Ir al contenido

Documat


Resumen de 1,2,3, inmersión no mundo da aprendizaxe da medida en primaria

Jacobo Darriba Yáñez, Dolores Rodríguez Vivero

  • O obxectivo que se persegue con esta comunicación é amosar unha experiencia de aula sobre a ensinanza e aprendizaxe da medida en sexto curso de Educación Primaria do CEIP “Lagostelle” de Guitiriz realizada no contexto do Prácticum II “Centro Escolar e o seu Contexto: Proxectos e Prácticas” do Grao de Mestre/a en Educación Primaria.Para realizar esta práctica leváronse a cabo tarefas non clásicas de ensino e aprendizaxe deste eido das Matemáticas. O proxecto estructurouse do seguinte xeito:• Análise das ideas previas sobre o ensino e aprendizaxe da medida.• Investigación de unidades e instrumentos de medida tradicionais empregados na contorna dos alumnos.• Uso de unidades de medida antropométricas para determinar a cantidade de magnitu-de lonxitude. Comprobación empírica da necesidade dunha unidade de medida estándar para a medida da lonxitude.• Uso de diversos instrumentos de medida no laboratorio para a medición da magnitude peso. Observación da diferenza da exactitude da medida en función do aparato emprega-do.• Procura de información sobre distintos matemáticos famosos da antigüidade.• Realización da Liga Matemática das Estrelas consistente nunha gymkana matemática.• Avaliación dos contidos teóricos e das prácticas levadas a cabo.(Todas as explicacións de cada unha destas actividades, ademais de diversos vídeos e fotos, pó-dense atopar no meu blog: http://ligamatematicadasestrelas.wordpress.com/)Trala observación de todo o proceso destacamos que, a pesares das difi cultades atopadas no pro-ceso (sendo a principal o excesivo tempo de preparación das actividades anteriormente citadas) conseguiuse tanto unha grande implicación por parte do profesorado, familia e estudantes, como unha grande motivación por parte dos estudantes que acadaron unha boa aprendizaxe colaborati-va e signifi cativa refl ectida tanto na Liga Matemática coma na proba fi nal de avaliación.


Fundación Dialnet

Mi Documat