Óscar Crego Martínez
O obxectivo é a introdución dun novo modelo potencial linear e a resolución numérica da estela de Kelvin. O principal punto de interese para o proxecto é a orixinalidade das ferramentas empregadas dentro da comunidade de enxeñería naval que é a que frecuenta abordar dito problema. Por un lado, tense o uso do formalismo da mecánica de medios continuos seguindo o estilo do clásico libro de Gurtin. Por outro lado, tense o uso dunha discretización en elementos finitos nun campo no que os elementos de contorno predominan. Ademais, o tratamento da condición de radiación e truncamento do dominio mediante o uso de Perfectly Matched Layers para problemas de propagación de ondas en auga en dominios tridimensionais parece que non foi estudada.
© 2008-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados