Ir al contenido

Documat


Solitóns asociados a ecuacións de evolución xeométrica e estruturas quasi-Einstein

  • Autores: Xabier Valle Regueiro
  • Directores de la Tesis: Miguel Brozos Vázquez (dir. tes.) Árbol académico, Eduardo García Río (codir. tes.) Árbol académico
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2019
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Peter B. Gilkey (presid.) Árbol académico, Luis María Hervella Torrón (secret.) Árbol académico, Barbara Opozda (voc.) Árbol académico
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Un dos problemas centrais en xeometría pseudo-riemanniana é a existencia de métricas privilexiadas sobre unha variedade dada. O teorema de uniformación, que asegura a existencia de métricas de curvatua constante sobre unha superficie dada, ten sido obxecto de nmerosas xeneralizacións na procura da existencia de métricas distinguidas en variedades de dimensión superior. A curvatura dunha variedade pseudo-riemanniana, como campo de tensores de tipo (0,4), representa un obxecto de gran complicación, polo que é habitual focalizar o estudo en certas funcións escalares asociadas ao mesmo: os invariantes escalares da curvatura. Para un invariante dado, é posible asociar ao mesmo un funcional sobre variedades compactas que mida o seu comportamento global e, así, intentar caracterizar as métricas críticas para o devandito funcional. Ademais, estúdase a existencia de solitóns para certos fluxos xeométricos. De forma máis concreta, estando interesados na clasificación de solitóns de ricci e de ricci-bourguignon como unha situación intermedia entre s fluxos de ricci e yamabe baixo certas condicións xeométricas. Dado que ambos os solitóns involucran ao tensor de ricci, un debe esperar a existencia de resultados máis concluíntes en situacións nas que o tensor de ricci determine a curvatura: variedades localmente conformemente chás, variedades (anti-)auto-duais, variedades con tensore de weyl harmónico, variedades bach chás, etc. Se ben a situación correspondente aos solitóns de ricci é coñecida, a xeometría dos solitóns de ricci-bourguignon e, en xeral, dos solitóns xeneralizados é aínda un problema aberto.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de tesis

Opciones de compartir

Opciones de entorno