Ir al contenido

Documat


Resumen de Aplicación de técnicas e tecnoloxías de procesamento da linguaxe natural ó modelado de sistemas multi-axente

Luis Vázquez López

  • Esta tese indica como aplicar técnicas e tecnoloxías de procesamento da linguaxe natural ó modelado de sistemas multiaxente, en especial, en acadar os modelos iniciais a partir das descricións, en linguaxe natural, dadas polos clientes/usuarios.

    A forma de acadar os modelos iniciais, conséguese a partir das descricións, en linguaxe natural, dadas polos clientes/usuarios. Tamén plántea como superar o problema de que normalmente o inicio do proceso non se soe dispor dun coñecemento detallado do sistema. Emprega un desenvolvemento incremental que é o suficientemente flexible como para poder incorporar os cambios, que xorden nas primeiras fases. Isto acádase mediante a participación activa do cliente.

    O motivo que leva a facer esta tese son as dificultades que se encontran os desenroladores de proxectos para realizar a definición do problema, xa que na maioría dos casos, a definición que se realiza, difire da realidade do problema. Para evitar isto no desenvolvemento dun sistema software e fundamental a implicación do usuario-cliente no desenvolvemento do produto, debido a que este e o encargado de indicar cales son as características e funcionalidades do produto a desenvolver.

    Para elo e necesario realizar diferentes modelos iniciais onde se expresen todas as características e detalles do proxecto a levar a cabo.

    Unha dificultade añadida témola a hora de realizar a definición do problema dun Sistema Multi-Axente debido a súa maior complexidade. Nos últimos anos o paradigma de axentes experimentou un importante auxe dentro do campo da Enxeñería do Software, este auxe debeuse en parte a aparición de novas metodoloxías sustentadas no uso de ferramentas que permiten dar soporte o proceso de desenvolvemento asociado. Pódense destacar INGENIAS, Prometheus, Tropos, PASSI, Gaia, etc. como propostas máis prometedoras e utilizadas. Pero unha carencia que presentan estas e outras moitas metodoloxías son a ausencia dun proceso propio de elicitación de requisitos. Durante os últimos anos, o campo da elicitación de requisitos foi obxecto de numerosos traballos, case todos vinculados o paradigma de obxectos, e co obxectivo último de acadar especificacións menos ambiguas e máis correctas. Outro dato a destacar é que o emprego de metodoloxías para o desenvolvemento de sistemas multiaxente inda non e xeneralizado.

    En canto a realización de forma automática da fase inicial na actualidade non existen ferramentas. No proceso de análise das necesidades e adquisición de requisitos, foron publicados varios traballos nos últimos anos. A pesar delo de momento as ferramentas existentes que intentaron levalos a cabo son prototipos.

    Esta tese centrase na realización do modelo inicial, formulando unha proposta que involucra activamente o cliente no proceso de desenvolvemento de INGENIAS e que pode ser adaptada a outras metodoloxías que conteña unha caracterización baseada en principios similares. Despois cos modelos iniciais pódese seguir o desenvolvemento do proxecto coa metodoloxía INGENIAS, a cal dispón dunha ferramenta capaz de xerar parte do código da aplicación final. A forma de xerar os modelos iniciais e mediante un método semiautomático para a realización da fase inicial de análise a partir de descripcións en linguaxe natural do problema plantexado.

    Para lograr unha mellora significativa no desenvolvemento de programas e de aplicacións baseadas en sistemas multi-axente, lograrémolo na medida que seamos capaces de obter os requisitos do problema dunha forma satisfactoria.


Fundación Dialnet

Mi Documat