Francisco de Arriba Pérez, Eusebio Corbacho Rosas , María del Carmen Somoza López, Ricardo Vidal Vázquez
Este manual inclúe, no primeiro capítulo, unha indicación detallada de como preparar a aula informática para usar o portátil do profesor coma un servidor para o desenvolvemento da clase e con iso facilitar así a incorporación doutros profesores a esta iniciativa de baixo custo e baixo mantemento, usando un potente software para a investigación e o traballo en matemáticas. Tamén inclúe as instrucións pertinentes para que os alumnos instalen no seu ordenador unha versión de Sage a través dunha máquina virtual. SAGE (Software for Algebra and Geometry Experimentation) é un software matemático de acceso gratuíto que conta con varias versións descargables a través da súa páxina web para facelo compatible cos sistemas operativos máis comúns: Windows, Linux, MacoS. Esta ferramenta vainos permitir desenvolver dende simples ecuacións ata complexos problemas n-dimensionais. A linguaxe de programación na que traballa Sage é Python, esta linguaxe en auxe nos últimos anos conta co apoio de multitude de creadores de software independentes que enriquecen as súas librerías de cálculo dunha forma constante. Ademais Sage inclúe as súas propias funcións que facilitan a realización de operacións matemáticas dunha forma moi similar a outros softwares comerciais, pero na nosa opinión dunha forma moito máis intuitiva.
© 2008-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados