Víctor M. Vázquez Domínguez, Milica Stojanovic , Maria Joao Valente da Silva Couto, Luis Gimeno Sotelo, R. Sori Gómez
A necesidade de coidar o medio ambiente é incuestionable. Actualmente, isto fíxose vital e imperativo, xa que os efectos negativos da acción humana son evidentes e a contaminación alcanzou un nivel insostible. Neste contexto, a concienciación da poboación máis nova resulta especialmente relevante. Neste traballo preséntanse diferentes propostas que teñen como finalidade a concienciación do alumnado de educación secundaria sobre o cambio climático, ademais de desenvolver competencias en ciencia e tecnoloxía nesta poboación. En primeiro lugar, preséntase unha iniciativa realizada en diferentes centros de ensino secundario da provincia de Ourense, na que se promove a concienciación medioambiental a través de datos reais da contorna dos centros. En segundo lugar, preséntase unha análise multidisplinar na que se analiza a potencialidade das ciencias do clima para desenvolver competencias en ciencia e tecnoloxía e propóñense actividades con este fin.
© 2008-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados