Ir al contenido

Documat


AppDIXITOU: Xogo educativo para móbil coque se conciencia a xente adolescente no bo uso das redes sociais

  • M. E. González-Rufino [1] ; E. Barreiro [1] ; M. J. Lado [1] ; P. Cuesta [1] ; J. Rodicio [1]
    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Proxectos INOU 2020: Investigación aplicada na provincia de Ourense, 2021, ISBN 9788481589160, págs. 83-103
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Hoxe en día, a maioría da xente adolescente posúe un móbil e boa parte dela usa as redes sociais para socializar. Pero, ata que punto saben como usalas correctamente? Este traballo describe a necesidade e o desenvolvemento dunha ferramenta informática educativa para o móbil (AppDIXITOU), na que se aplica a gamifcación coa pretensión de concienciar e de educar nun uso máis racional e saudable das redes sociais o estudantado de educación secundaria obrigatoria da provincia de Ourense. Unha das recomendacións que realizan diversos estudos para reducir os perigos, que afrontan os e as menores cando empregan as redes sociais, consiste en realizarcampañas formativas destinadas a eles e elas onde, ademais de informalos deses riscos, se intente modifcar o seu comportamento ante o uso destas. AppDIXITOU pretende formar parte desa «misión». Este soporte lóxico (software) desenvolveuse para que se use nun móbil, dispositivo tan cotián hoxe en día entre a xente adolescente. Despois dun estudo sobre o sistema operativo para móbil máis empregado entre os móbiles que dispoñen a maioría da mocidade, decidiuse que a aplicación funcione sobre Android.A gamificación é o uso do pensamento e a mecánica de xogabilidade en contextos alleos aos xogos, co fn de que as persoas adopten certo comportamento. Se se aplica ao ámbito educativo, a fnalidade desta técnica de aprendizaxe é aumentar a motivación e favorecer o coñecemento. O obxectivo de aplicar esta metodoloxía no software desenvolvido foi dobre: por unha banda, mellorar o coñecemento que ten a poboación adolescente dos riscos que supón un uso incorrecto das redes sociais e, por outra, non menos importante, provocar cambios no comportamento destes ante situacións perigosas orixinadas polo uso das citadas redes.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno