Ir al contenido

Documat


Extracción e preprocesamento de opinións sobre o sector enoturístico na provincia de Ourense

  • M. Ferreiro [1] ; R. Laza [1] ; L. Borrajo [1] ; E. Lorenzo [1] ; R. Pavón [1]
    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Proxectos INOU 2020: Investigación aplicada na provincia de Ourense, 2021, ISBN 9788481589160, págs. 183-204
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A análise das opinións ou dos comentarios que o usuariado fai na rede é unha práctica que está en pleno auxe entre as empresas e as institucións debido ás repercusións que as valoracións expresadas poden ter sobre os produtos ou os servizos que ofertan, pero tamén porque está recibindo moita atención por parte da comunidade científica polo amplo abano de aplicacións nas que está sendo empregada. Analizar de forma manual o impacto xerado polos comentarios sobre unha empresa, produto ou sector consome moito tempo e esforzo, polo que se desenvolveron numerosas técnicas deextracción automatizada do contido das páxinas web, que normalmente se presenta de forma desestruturada, así como numerosas técnicas de preprocesamento que facilitan a súa análise posterior. Neste senso, o presente traballo ten o obxectivo deempregar a técnica de web scraping, co fin de extraer a información e os comentarios dispoñibles nas webs das adegas das catro denominacións de orixe (DO) da provincia de Ourense (DO do Ribeiro, DO de Valdeorras, DO de Monterrei e DO da Ribeira Sacra).Con posterioridade, a partir dos comentarios obtidos, levarase a cabo un proceso de análise de sentimentos, co obxectivo de achegar máis información ao estudo estatístico seguinte dos datos recuperados da web e poder obter así unha valoración dixital sobre o sector enoturístico da provincia que axude a tomar decisións futuras.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno