Ir al contenido

Documat


Resumen de Cuantificación da brecha salarial entre mulleres e homes mediante estimación non paramétrica da regresión

Inés Barbeito Cal, Ricardo Cao Abad Árbol académico, Stefan A. Sperlich Árbol académico

  • O obxectivo desta comunicación é analizar a discriminación salarial por xénero como indicador de discriminación en contra das mulleres. O feito de que as mulleres estean peor pagadas que os homes pode provir da existencia de discriminación salarial no mercado laboral. Por outra banda, parte desta diferencia salarial podería ser explicada por diferenzas na educación ou mesmo na experiencia, entre outros factores, sendo a súa distribución diferente entre homes e mulleres. Neste contexto, tratarase de predicir o salario esperado das mulleres españolas no sector educativo e con estudos universitarios, supoñendo que se atopan nas mesmas condicións que os homes, para finalmente ver se esta predición difire ou non do actual salario medio de mulleres españolas, e concluír se hai evidencias ou non de discriminación salarial por xénero. Para iso, empregarase a estimación non paramétrica de curvas. En concreto, considerarase un selector de ventá para a predición en regresión proposto en Barbeito, Cao e Sperlich (2019). As análises estatísticas realizadas permiten concluír que existe unha marcada diferencia entre o salario medio estimado das mulleres e o que deberían ter en caso de ser o seu salario como función de CNAE, estudos e experiencia igual que o dos homes.


Fundación Dialnet

Mi Documat