Ir al contenido

Documat


Resumen de Cine e perspectiva de xénero en física e matemáticas

Encina Calvo Iglesias, Amelia Verdejo Rodríguez Árbol académico

  • Nos últimos anos o cine empregouse como recurso didáctico na ensinanza universitaria en materias de distintas disciplinas, dende o Dereito a Bioloxía. Nesta comunicación facemos unha revisión do emprego do cine con fins didácticos e propoñemos unha selección de películas que poden ser utilizadas para introducir a perspectiva de xénero en física ou matemáticas, amosando as contribucións científicas das mulleres e os estereotipos sexistas que aínda persisten na nosa sociedade, ademais de motivar ó alumnado na aprendizaxe destas materias. Os bos resultados obtidos en experiencias realizadas nas materias de Física do Grao en Enxeñería Química e Matemáticas do Grao en Comercio, e o crecente protagonismo das científicas nas últimas estreas cinematográficas anímannos a seguir traballando nesta liña.


Fundación Dialnet

Mi Documat