Ir al contenido

Documat


Construíndo o coñecemento informático: situación da perspectiva de xénero nos estudos de grao das universidades españolas

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 / Ana Jesús López Díaz (ed. lit.), Águeda Gómez Suárez (ed. lit.), Eva Aguayo Lorenzo (ed. lit.), 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 313-324
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • 64 facultades e escolas imparten estudos de informática en universidades públicas e privadas do estado español, estudos que foron revisados, en todos os casos, na última década, por mor da adaptación ao EEES (plan Bolonia). Neste artigo exploramos a presenza de contidos que afonden nos conceptos de ética profesional no mundo da tecnoloxía nestes plans de estudos renovados, nun momento histórico no que as consecuencias socio-culturais da omnipresenza da tecnoloxía en xeral, e do software en particular, non son compatibles coa perspectiva tradicional dunha informática “neutra”. A nosa intención é pulsar a situación actual en relación a estes contidos como posible porta de introdución da perspectiva de xénero dun xeito explícito e non simplemente transversal. Lamentablemente, os datos mostran que, mesmo nas universidades máis destacadas do estado -en termos de número de estudantes totaisos estudos de informática non sempre presentan de xeito obrigatorio para o seu alumnado ese traballo de reflexión ética. Porén, aínda que a súa presenza aínda é moi minoritaria, si atopamos casos nos que a presenza obrigatoria deses contidos incorpora, ademais, a perspectiva de xénero: casos que poderían servir de exemplo para docentes con interese en construír un coñecemento informático non nesgado.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno