Ir al contenido

Documat


Resumen de Docencia en Sistemas de Acceso á Información: detección de plaxios, emprego de tecnoloxías avanzadas para desenvolvemento software e achegamento da experiencia na industria á aula

Paula López-Otero Árbol académico, Daniel Valcarce, Javier Parapar Árbol académico, Álvaro Barreiro García Árbol académico

  • galego

    Este artigo presenta as actividades desenvolvidas polo grupo de innovación educativa en Sistemas de Acceso á Información durante o curso 2017/2018. Este grupo, con docencia na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, realizou accións en tres liñas de actuación diferentes. A primeira delas, dirixida á mellora da calidade nos métodos de avaliación, consiste no emprego dun protocolo para a detección de plaxios en prácticas de programación. A segunda actividade pretende mellorar a empregabilidade do alumnado e consiste en utilizar unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos xunto cunha serie de ferramentas avanzadas para desenvolvemento software, permitindo recrear a actividade que deberán levar a cabo cando se incorporen ao mundo laboral. Por último, e de cara a aumentar o coñecemento das alternativas profesionais do alumnado, organizáronse unha serie de seminarios e charlas impartidas por profesionais dunha empresa internacional, unha empresa local multidisciplinar e un investigador da contorna académica. A experiencia obtida das diferentes actividades foi satisfactoria e enriquecedora tanto para o alumnado como para o profesorado, que xa baralla melloras de cara aos vindeiros cursos académicos.

  • English

    This paper presents the activities performed by the educative innovation group in Information Access Systems during the academic year 2017/2018. This group, with teaching at the Faculty of Informatics of the University of A Coruña, carried out actions addressing three different topics. The first action was designed to improve the quality of the evaluation methods, and consisted in following a protocol for detecting plagiarism in programming exercises. The second activity aimed to improve the employability of the students and consisted in using a methodology based on project-based learning along with a series of advanced tools for software development, which recreated the activity that the students will carry out when they obtain their first job. Lastly, heading towards a better knowledge about the available professional alternatives, a series of seminars and talks were organized, which were performed by professionals from an international company, a local interdisciplinary company, and a researcher from an academic institution. The experience obtained from the different activities was satisfactory for both students and teachers, who are already considering improvements for the next academic years.


Fundación Dialnet

Mi Documat