Ir al contenido

Documat


Grafías innovadoras na linguaxe non sexista: unha proposta para a súa etiquetaxe automática

  • Autores: Eva María Domínguez Noya, Francisco Mario Barcala Rodríguez
  • Localización: Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018 / Marta Díaz Ferro (ed. lit.), Gael Vaamonde (ed. lit.), Ana Varela Suárez (ed. lit.), María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.), José María García-Miguel Gallego (ed. lit.), Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.), 2018, ISBN 978-84-8158-786-9, págs. 291-298
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Nas últimas décadas documéntanse na lingua escrita formas gráficas que escapan do masculino empregado como termo non marcado da oposición xenérica e buscan visibilizar o feminino ou tentan fuxir do xénero como clasificador dual. Entre as opcións que se propoñen destacan a duplicación dos termos (os alumnos e as alumnas), a escolla dun termo aglutinador (o alumnado) e a introdución de grafías innovadoras: 1) aquelas que inclúen explicitamente os dous xéneros (os/as alumnos/as); 2) as que crean artificialmente un termo que engloba o masculino e o feminino (@s alumn@s); e 3) aquelas que superan o binomio masculino/feminino (Xs alumnXs, *s alumn*s). Como sabemos, as duplicacións atentan contra o principio de economía lingüística e resultan pesadas para o lector/oínte, mais non teñen repercusións ulteriores no recoñecemento automático dun texto. Porén, a introdución das grafías innovadoras modifica substancialmente a situación, pois coa súa inserción xorden formas que non existen nos dicionarios. Neste traballo damos conta da tipoloxía de formas con grafías innovadoras presentes no Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), e describimos a solución adoptada no sistema XIADA para identificar e caracterizar morfosintacticamente tales formas, co fin de aplicala logo na etiquetaxe automática do corpus.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno