Ir al contenido

Documat


Resumen de Cuantificación da perda das novas xeracións de mulleres técnicas: o caso da UDC

Laura M. Castro Árbol académico

  • carreiras universitarias dos ámbitos técnicos, no canto de continuar avanzando cara á equiparación ao número de homes, está a sufrir un preocupante retroceso.

    Coa finalidade última de confirmar ou refutar esta percepción xeralizada, este traballo cuantifica a evolución do número de mulleres matriculadas e tituladas en estudios do eido tecnolóxico na Universidade da Coruña, nos últimos trece anos; e ofrece unha visión actualizada da situación das novas xeracións de mulleres, coa finalidade de axudar a determinar os avances obxectivos na equiparación da presenza de mulleres e homes neste eido.

    Os resultados obtidos confirman que nos últimos trece anos a presenza de mulleres nalgunhas titulacións técnicas chegou a reducirse a unha terceira parte, pasando dun 32% a un 10%, a pesares de que o número de alumnas e alumnos en toda a UDC distribúese case perfectamente no mesmo período en proporción 1:1. Como únicas excepcións, pódense mencionar os estudos de Arquitectura e Deseño Industrial, que acadaron e manteñen desde o curso 2007- 2008 a paridade matemática no número de estudantes dun e doutro sexo.

    A porcentaxe de persoas que completan unha titulación técnica é un dato mais optimista, segundo o cal as mulleres pasaron de representar o 30% no curso 2000-2001 a supor un 35% no curso 2012-2013, o que supón que a pesares de todo as estudantes incrementaron a súa eficiencia á hora de completar os seus estudos. Porén, queda claro que non estamos ante un problema de competencia, senón doutro cariz.

    Asi pois, determínase a necesidade dunha intervención institucional mediante o establecemento de políticas normalizadoras para romper a tendencia e avanzar na normalización da presenza das mulleres no eido técnico.


Fundación Dialnet

Mi Documat