Ir al contenido

Documat


Resumen de A forma da Terra. O reto da súa representación: as redes xeodésicas e a obra pioneira de Domingo Fontán

Francisco Castillo Rodríguez

  • No presente artigo faise un breve percorrido pola aventura científica da análise da forma do noso planeta e a súa medición precisa. Un reto no que estiveron implicadas ao longo de moitos séculos as elites científicas de diversos países europeos. Un crónica na que España desempeñou un papel destacado. Hoxe en día, as constelacións de satélites artificiais e os sistemas de posicionamento global ofrecen unha imaxe precisa da Terra e engrandecen, aínda máis, os esforzos de científicos como o galego Domingo Fontán, autor da primeira carta xeométrica de España. Finalmente, no artigo atoparán un comprimido repaso dalgúns conceptos básicos da ciencia xeodésica e cartográfica.


Fundación Dialnet

Mi Documat