Matemáticas identitarias responde á clase de matemáticas axustadas ao contexto –tal como esixe o NCTM e os documentos internacionais-. Resaltan o papel do noso pobo como creador da cultura celta europea e seu protagonismo nas ciencias cando era un pobo en liberdade. Neste caso, o exemplo de adaptación das matemáticas ao contexto presenta os galegos como os símbolos europeos máis antigos: o cup and ring, o labirinto e o triskel créanse aquí. Tamén dan conta de que na nosa cultura es escribe, hai 5000 anos, a primeira gráfica da función seno e, así mesmo, móstranse os primeiros sólidos platónicos. Por último, elíxese o símbolo máis galego para realizar unha proposta de bandeira da futura República Galega.
© 2008-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados