A "normal" ou "campá de Gauss" é unha das curvas máis distinguidas. As súas características esenciais, a súa importancia no ámbito das distribucións continuas de probabilidade, o acomodo de moitos fenómenos aleatorios á mesma, a aproximación que supón para a distribución binomial ou o manexo das súas táboas son cuestións que calquera estudante de bacharelato debería coñecer. Porén, dende a súa propia historia, hai outros aspectos interesantes e menos coñecidos que tamén están ligados a esta curva.
© 2008-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados