Ir al contenido

Documat


Resumen de Sobre rodas non redondas

Miguel Brozos Vázquez Árbol académico, Covadonga Rodríguez Moldes, Ana Belén Rodríguez Raposo

  • Se a alguén lle apetece un caramelo, este é un bo momento para tomalo. Permítannos, sen querer facer publicidade, que lles ofrezamos un Smint. A pouco que se paren a observar, apreciarán a singular forma que teñen. A súa forma parece triangular pero non o é, parece circular, pero non o é: teñen forma de triángulo de Reuleax. Que estes caramelos teñan esta forma non é unha mera casualidade nin unha estratexia publicitaria, senón a aplicación dunha propiedade xeométrica: os triángulos de Reuleaux teñen anchura constante e polo tanto nunca se atascan no burato de saída. Os triángulos de Reuleaux non son as únicas figuras de anchura constante, pero son as máis simples e posúen interesantes propiedades. Nesta charla describiremos estes obxectos e adentrarémonos nas súas propiedades xeométricas máis básicas, así como en algunhas aplicacións. Finalmente proporemos diversas actividades didácticas e amosaremos materiais cos que descubrir tales propiedades e aplicacións. En particular veremos como os triángulos de Reuleax permiten construír rodas non redondas.


Fundación Dialnet

Mi Documat