Ir al contenido

Documat


Pesca industrial galega en alta mar

  • Autores: Javier Varona Gómez Árbol académico
  • Localización: Adega cadernos, ISSN 1137-0262, Nº. 2, 1997, págs. 15-20
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Galiza, hai agora uns 35 anos, comezou unha nova etapa de desenvolvemento da pesca, xusto cando a crise dos recursos pesqueiros costeiros comezou a dar os primeiros síntomas de esgotamento, concretamente coa pescada. Un feito tecnolóxico singular, a aplicación do frío profundo ás capturas, a conxelación, veu dar solución á expansión das pesqueiras mais alá dos �15 días� de distancia que limitaban a actividade pesqueira.A pescada, no caso galego, e o bacallau no alemán e francés, foron motivo de desenvolvemento doutras pesqueiras afastadas, todas elas de carácter industrial, xa que o imperativo de regresar a porto desaparecera. A autonomía de conservación do peixe en alta mar era xa ilimitada, como tamén a conservación dos víveres para as tripulacións. Desta maneira, e neste orde, foron explotándose ou, cando non, descubríndose caladoiros insospeitados até esa data por parte de ninguén.Posteriormente o frío industrial a bordo dos buques permitiu o desenvolvemento da flota de grande altura de túnidos, flota que nestes momentos é a máis moderna e poderosa do mundo.


Fundación Dialnet

Mi Documat

Opciones de artículo

Opciones de compartir

Opciones de entorno