Iván Carlos Area Carracedo
, Manuel Calaza Cabanas 
Presentamos unha proposta de cálculo da nota de admisión para o estudantado dos 17 distritos do Estado baseado na estandarización das cualificacións segundo principios sinxelos: para o estudantado que solicite a admisión no seu distrito e ano, as súas cualificacións seguen sendo exactamente as mesmas e, para o alumnado que solicita o acceso á universidade nun ano ou nun distrito diferente ao que fixo as probas de acceso, as súas cualificacións recalcúlanse tendo en conta as estandarizacións das cualificacións do estudante no distrito de orixe e/ou ano e no distrito onde quere realizar a admisión.
© 2008-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados