Neste artigo preséntase un dos obradoiros desenvoltos no IX Congreso de AGAPEMA celebrado en Vigo en febreiro do pasado 2024. Como o resto de obradoiros levados a cabo no congreso, móstranse experiencias de aula. Neste caso a temática versa sobre o proceso de ensinanzaaprendizaxe das fraccións na etapa de educación primaria e a súa integración no concepto de decimal e porcentaxe. Desenvólvese polo miúdo o obradoiro facendo fincapé na didáctica e explorando formas de ensinar estes conceptos de xeito integral empregando unha metodoloxía manipulativa e baseada na comprensión. Inclúe unha proposta de actividades que seguen esta liña pedagóxica.
This article shows one of the presentations given at the IX AGAPEMA Congress held in Vigo in February 2024. Like the rest of the presentations given at the congress, classroom experiences are shown. In this case, the theme is about the teaching-learning process of fractions in primary education and their integration into the concept of decimal and percentage. The presentation is thoroughly developed, while emphasizing didactics and exploring ways to teach these concepts in a comprehensive way using a manipulative methodology based on understanding. Furthermore, it includes a proposal for activities following this pedagogical line.
© 2008-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados