Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/12886
Título: | Nonparametric data-driven methods for set estimation
|
Autor/a: | Saavedra Nieves, Paula
|
Dirección/Titoría: | González Manteiga, Wenceslao
Rodríguez Casal, Alberto
|
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Matemáticas. Departamento de Estatística e Investigación Operativa
|
Palabras chave: | Estadística matemática | Geometría | Espacio euclidiano | Análisis clúster | Control de calidad | Estimadores | |
Data: | 2015-04-06
|
Resumo: | A estimación de conxuntos abre un capítulo relativamente recente da estatística matemática onde a xeometría xoga un papel moi relevante. Esta teoría ten como finalidade estimar un conxunto no espazo Euclidiano a partir dunha mostra aleatoria de puntos cuxa distribución está intimamente relacionada con el. A resolución deste tipo de problemas ten aplicacións interesantes na análise clúster, en control de calidade ou na análise de imaxes para reconstruir, por exemplo, o hábitat dunha planta ou dunha especie animal.
Neste traballo centrarémonos no problema de estimación do soporte e de conxuntos de nivel para unha función de densidade. Existen distintos métodos na literatura dependendo das condicións de forma asumidas sobre o conxunto a reconstruir. Se non dispoñemos de ningunha información a priori, será preciso considerar estimadores flexibles que nos permitan abordar eficientemente a maior cantidade de situacións posibles. Noutro caso, se nos restrinximos a unha familia de conxuntos a estimar, poderemos traballar con estimadores máis sofisticados, que se adapten mellor as restricións xeométricas establecidas. A marioría destes estimadores dependen fortemente da elección de parámetros de suavizado ao igual que sucede no contexto da estimación funcional non paramétrica. O obxectivo principal desta tese consiste en estimalos de xeito automático e consistente para, logo, analizar o comportamento teórico dos estimadores resultantes dos conxuntos a reconstruir. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/12886
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|