Estudo dun problema de perturbación singular para unha clase de inecuacións variacionais
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13392
Título: | Estudo dun problema de perturbación singular para unha clase de inecuacións variacionais
|
Autor/a: | García Barro, José Carlos
|
Dirección/Titoría: | Muñiz Castiñeira, María del Carmen
Álvarez Dios, José Antonio
|
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Matemática Aplicada Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Matemáticas
|
Palabras chave: | Comportamento asintótico | inecuacións variacionais | perturbación singular | termo dexenerado | aproximación numérica | |
Data: | 2015-06-09
|
Resumo: | O comportamento asintótico dun problema de perturbación singular para unha
familia de inecuacións variacionais non lineais dependentes dun pequeno parámetro
positivo centra os obxectivos desta tese. Estas inecuacións teñen a súa orixe na
aplicación de técnicas variacionais en problemas de difusión en estados estacionarios
relacionados con diferentes disciplinas do eido científico. Ademais da non
linealidade, outras achegas destacables son a incorporación dun termo fronteira e
dunha función dexenerada no termo de menor orde, que inducen cambios no
comportamento da solución cando o pequeno parámetro tende a cero. Por outra
parte, analízase a existencia e unicidade de solución e introdúcense resultados de
regularidade e aproximación numérica. Esta memoria complétase cunha colección de
exemplos de casos particulares, distribuídos ao longo de todas as seccións, destinada
a facilitar a comprensión dos resultados obtidos. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13392
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|